Benvido ao portal de emprego da UDC
A túa universidade, a través da Vicerreitoría de Ferrol e Relación Universidade Empresa pon á túa disposición unha aplicación orientada a favorecer a túa inserción laboral. Aquí terás a posibilidade de dar a coñecer as túas aptitudes e completar a túa formación no ámbito profesional.
Somos conscientes da importancia da información que se incorpora nesta páxina e da súa complexa organización. É unha oportunidade que non debes desaproveitar.
Desexamos que o conxunto das utilidades que aquí se mostran che resulte interesante e favoreza o mellor posible o acceso ao mercado laboral.
O reitor