Preguntas frecuentes

Que é unha PEME (pequena e mediana empresa)?

A Comisión Europea adoptou o 6 de maio de 2003 unha recomendación sobre a definición de PEME que modifica a de 1996. Pódese considerar PEME aquela empresa que teña menos de 250 traballadores, un volume de negocios inferior a 50 millóns de euros e un balance xeral inferior a 43 millóns de euros.

Cales son as calidades persoais que debe ter unha persoa emprendedora?
  • Creatividade e innovación
  • Capacidade para asumir riscos
  • Capacidade para aceptar compromisos e cumprilos
  • Adaptación aos cambios
  • Organización
  • Perseveranza
  • Confianza nas propias posibilidades
  • Liderado


Existen persoas que pola súa educación posúen as características propias do/a emprendedor/a, mais tamén hai certas habilidades e capacidades que se poden desenvolver a través da formación.

Que motivacións levan unha persoa a crear unha empresa?

As razóns poden ser moi variadas. Na maioría dos casos:

  • Aproveitar unha idea nova e poñela en práctica
  • Buscar a independencia laboral (emprendedores que viñeron traballando por conta allea)
  • Buscar unha alternativa á situación de desemprego.
Como identificar e poñer en marcha oportunidades de negocio?

Hai moitos factores que poden determinar que unha persoa se incline por un negocio concreto. Con carácter xeral podemos salientar que:

  • A idea debe ser oportuna, isto é, xurdir no momento axeitado e manterse en certo período de tempo
  • A idea do produto ou servizo debe proporcionar un valor engadido aos potenciais clientes
  • O segmento de mercado a que se dirixe debe ter un tamaño mínimo
  • É importante a creatividade
  • Cómpre crear un equipo ou unha rede de relacións
  • A motivación é necesaria